Noticias
5 de abril de 2013
Emoción no peche da Liga Nacional con aspiracións laranxas

O Burela FS Pescados Rubén pechará este domingo, en horario unificado (12.00 horas), a Liga Nacional Xuvenil. Dende a segunda praza (55 puntos), a 2 puntos do líder transportista, os rapaces de Lucas recibirán na última xornada o Noia FS, sexto clasificado (27 puntos), en Vista Alegre.


 


Os mariñáns pelexarán por clausurar a competición por todo o alto, co segundo posto garantido, cunha vantaxe de 4 puntos sobre o Santiago Futsal. Cumprindo o obxectivo dos tres puntos, a escalada ao cumio dependerá do papel do Azkar Lugo (54) ante o Leis Pontevedra, noveno (20 puntos).


 


Liga Nacional Xuvenil


Burela FS-Noia FS


Domingo 7 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


 


Liga Autonómica Xuvenil


Burela FS-AD Barval


Sábado 6 de abril, ás 12.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


 


Amigable


Xove/Celeiro FS Alevín-ED EON Burela FS Alevín B


Sábado 6 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón de Celeiro 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores