Noticias
5 de abril de 2013
Pucela no punto de mira


O Burela Pescados Rubén desprázase a Valladolid para disputar a vixésimo cuarta xornada da Primeira División e conquistar unha nova vitoria que lle permita seguir soñando co título ligueiro. O duelo dispútase o sábado día 6, ás 20.00 horas, no pabellón Lalo García, escenario dun enfrontamento clásico pero con obxectivos dispares en ambas escuadras.

O Valladolid perdeu fai tempo as súas aspiracións ligueiras e afronta a recta final de Liga sen maior ambición que a conquista dunha boa praza para a Copa. Pola súa banda, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro quere reafirmarse, unha vez máis, como serio opositor ao campionato nacional. O técnico burelés poderá contar co seu persoal ao completo para un duelo que se presume complicado e de máxima intensidade.







Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores