Noticias
12 de abril de 2013
Asalto ao liderado
A falta de seis xornadas para finalizar a competición, o Burela Pescados Rubén mantén intactas as súas opcións por conquistar o título da Primeira División RFEF.

O conxunto dirixido por Javier Pardeiro depende de si mesmo para lograr o desafío que suscitou ao Atlético de Madrid Navalcarnero, vixente campión e actual líder con 57 puntos. Dous puntos separan ao Burela Pescados Rubén do liderado, desvataxe que pode desaparecer si as mariñás  logran a vitoria ante o Femení Centelles, colista con tres puntos, xa que o equipo colchonero ten xornada de descanso. Vista Alegre acolle o duelo entre galegas e catalás o sábado día 13, a partir das 18.30 horas. A entrada para o encontro é gratuita, do mesmo xeito que nos duelos pendentes ante o Cidade de Alcorcón, xornada 27, e Atlético de Madrid Navalcarnero, penúltima xornada.


Malia a diferenza clasificatoria, o técnico mariñano quere evitar “calquera atisbo de confianza. Somos favoritas para gañar o encontro, pero como non xoguemos coa concentración e intensidade necesaria pódesenos complicar o partido”. O conxunto catalán visita A Mariña sin coñecer a vitoria no que vai de tempada, circunstancia que “non debe levarnos á relaxación, sería un erro pola nosa banda. Respectamos ao Centelles na mesma medida que aos demais equipos. Disputamos tres puntos igual de valiosos que no resto de xornadas”.


Todas as xogadoras están dispoñibles para este duelo no que se homenaxeará aos xogadores laranxas; Cristian García e Noé Cabana, que recentemente conquistaron o Campionato de España Territorial con Galicia, en categoría cadete e infantil respectivamente.


 


 


 



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores