Noticias
13 de abril de 2013
Derbi galego con sabor mariñano
O Burela Pescados Rubén conquistou o derbi galego no Multiusos Fontes do Sar tras derrotar ao Santiago Futsal por 1-2, nun duelo trepidante e con grandes doses de emoción. Con esta vitoria, a escuadra dirixida por Juanlu acariña a permanencia matemática na Primeira División xa que, a falta de tres xornadas, suma 15 puntos mentres o Puertollano, colista, contabiliza 7 no seu casillero.

O derbi transcorreu polo guión previsto, alta intensidade en ambos conxuntos que manexaron mellor a faceta defensiva que a ofensiva. O primeiro tanto presaxiabase fundamental para o devir do choque e tras un primeiro periodo sen goles, o estilete laranxa comezou a declinar o derbi. Matamoros acudiu á súa cita co gol, décimo na súa conta particular, no minuto 23 de xogo. Nesta ocasión aproveitou unha indecisión de Barrón tras saque en longo de Edu, para peitear o esférico e establecer o 0-1 que encheu de xúbilo á numerosa afección burelesa.


Co 0-1, os mariñanos gañaron autoridade no xogo pero Raúl Campos logrou o empate, minuto 26, tras lanzar unha falta directa espectacular ante a que Edu non puido facer nada. Acto seguido, foi o Burela Pescados Rubén o encargado de golpear por mediación de Cesinha, tras xogada de estratexia, que logrou o 1-2. Ambos equipos mantiveron o alto voltaxe do partido e a cinco para o final, o Santiago Futsal apostou polo porteiro-xogador que tanto froitos lle dá. Nesta ocasión, os laranxas lograron defender a súa renda para conquistar o derbi e a permanencia virtual.



Ficha técnica



Santiago Futsal: Barrón, David, Lucho, Barroso y Quintela –cinco inicial- Jorge, Eloy Rojas, Alan Brandi, Raúl Campos e Hamza.



Burela Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Isi, Matamoros – cinco inicial- Enrique, Christian, Hugo, Juanma e Cesinha.



Goles: 0-1, m.23, Matamoros; 1-1, m.26, Raúl Campos; 1-2, m.27, Cesinha.



Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez.



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores