Noticias
19 de abril de 2013
Castrexos versus romanos
A cita entre castrexos e romanos achégase. Día: 20 de abril. Hora: 13.00. Lugar: Burela. Escenario: Vista Alegre e a pista azul de LNFS. Protagonistas: Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. Testemuña: Marca TV. En xogo: Orgullo.







O derbi galego suma os ingredientes ideais para ofrecer un gran espectáculo xa que ambos conxuntos chegan ao duelo sen presión na clasificación. O Burela Pescados Rubén pode certificar o seu permanencia na Primeira División da LNFS, a mellor liga do mundo, si consegue unha vitoria ante o Azkar Lugo, décimo con 20 puntos e coa salvación no zurrón. Ata é posible que o choque comece coa permanencia laranxa certificada, si o Triman Navarra se impón ao Puertollano FS no templo de Anaitasuna o venres 19, a partir das 20.30 horas.

 

Juanlu, o druída laranxa, creou a pócima idónea para lograr o rexurdir dos castrexos, capaces de enfrontarse con convicción ante calquera reto. Inter, ElPozo, Gáldar e Santiago Futsal comprobaron a eficacia da pócima laranxa. Únicamente queda unha débeda pendente, a ofrenda da vitoria en Vista Alegre a unha incansable afección castrexa que prepara as súas gargantas para animar e celebrar o triunfo dos seus guerreiros.

 

Os 12 elixidos para o desafío son; Edu, Iago Barro, Iago Míguez, Juanma, Christian, Hugo, Mimi, Enrique, Matamoros, Isi, Cesinha e Fabio.


Nacho Pedraza. O xogador burelés é baixa xa que deberá pasar polo quirófano para recuperarse da súa lesión no xeonllo esquerdo. O luns día 22, o traumatólogo José Antonio López realizará a intervención no centro hospitalario Polusa de Lugo.









Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores