Noticias
23 de abril de 2013
O espírito laranxa réndese á literatura de Rosalía de Castro

O CD Burela FS Pescados Rubén participou hoxe nunha das súas citas habituais da primavera, conmemorando do Día Internacional do Libro co Maratón de Lectura que este ano o Colectivo Cultural Buril de Burela dedicou a Rosalía de Castro, coincidindo co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (1863).


“Castellanos de Castilla”, “Como chove miudiño”, “Na Catedral”, “¿Quen non xime?” e “Poema á muller galega” foron os poemas escollidos polos burelistas Paula, Iago Míguez, Hugo e Silvia para a súa colaboración na iniciativa.


Xunto aos representantes laranxas, centos de burelaos/ás pasaron polo salón de plenos do consistorio da vila para renderse ante a literatura e a figura de Rosalía de Castro dende o CEIP Vista Alegre, CEIP Virxe do Carme, IES Monte Castelo, IES Perdouro, Fundación Eu Son, Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, Centro San Aníbal, Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Asociación Camiña, Observatorio da Mariña da Muller pola Igualdade, Banda de Música/Ama Jazz, Vagalume-Clube de Leitura, Club de Baloncesto de Burela…

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores