Noticias
26 de abril de 2013
Construíndo un soño
Tres partidos. Nove puntos. Este é o novo desafío que deben superar as guerreiras laranxas para saborear a gloria das campionas. A ponte deseñada por Javier Pardeiro e executado excepcionalmente polas súas pupilas para conquistar a Liga, áchase a nove metros da súa finalización.



Obxectivo inmediato: conquistar a vitoria ante o equipo revelación da Primeira División, o Cidade de Alcorcón, terceiro clasificado con 46 puntos. O Burela FS Pescados Rubén lidera a clasificación con 61 puntos, un máis que o Atlético de Madrid Navalcarnero, segundo, que xa descansou mentres que ás mariñanas a súa quenda de descanso chega na derradeira xornada de competición.


Entrada gratuita. Vista Alegre. Sábado 27. 18.30 horas. Estas son as coordenadas para que a afección laranxa ofreza, unha vez máis, o seu apoio incondicional a un equipo con traxectoria intachable e moi próximo a certificar a súa condición de histórico.

 

Unha das máximas goleadoras, 25 goles, do equipo mariñao é Dany que agarda un partido “moi intenso e complicado ante un rival que xa nos gañou na primeira volta, aínda que foi un partido no que gozamos de moitas ocasións que non soubemos aproveitar”. A motivación e a ilusión do equipo “é máxima, estamos preparadas para pelexar cada balón. Temos un obxectivo precioso ao noso alcance e queremos alcanzalo”





Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores