Noticias
27 de abril de 2013
Derrota do Burela Pescados Rubén no templo segoviano

O Caja Segovia impúxose ao Burela Pescados Rubén por 3-0 nun duelo igualado que se decantou no último minuto do primeiro periodo. Ata ese momento, ambos conxuntos ofreceron un partido de alto ritmo e aberto aínda que a falta de definición evitou que a afección local e o centenar de aventureiros laranxas gozasen do sabor do gol. Ata que ao filo do descanso, os segovianos golpearon con dureza a esperanza mariñana con dous goles, Sergio e Borja, que levou aos equipos ao receso con 2-0 no marcador.


 


Na continuación, os bureleses buscaron con ahínco a remontada, ata gozaron dunha maior posesión ante o repliegue local pero faltou claridade no último pase. Os segovianos esperaban a súa oportunidade para sentenciar e Borja atopou o camiño do terceiro no minuto 27. Co 3-0, o Caja Segovia gañou en seguridade e aínda que os mariñanos o intentaron ata o final, o marcador permeneceu impasible.


 


Ficha técnica


 


Caja Segovia: Herrero, Palomeque, Fabián, Del Moral, José Carlos – cinco inicial –Antoñito, Borja, Sergio, Jorge, Sergio García e David.


 


Burela Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Enrique, Isi, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Christian, Hugo, Juanma e Cesinha.


 


Goles: 1-0, m.20, Sergio; 2-0, m.20, Borja; 3-0, m.27, Borja.


 


Árbitros: Nuñez Carpintero e Ponce Medero.


 


Incidencias: Pavillón Pedro Delgado de Segovia. O templo segoviano contou coa presencia dun centenar de aleccionados laranxas no graderío. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Benita Campayo Vázquez, avoa da xogadora do Burela FS, Peque.


 



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores