Noticias
27 de abril de 2013
A batalla continúa
A Bombonera comeza a ruxir e invoca aos seus fieis guerreir@s para protexer ás cazadoras de soños que alimentan a súa ilusión e orgullo. Queda un obxectivo por conquistar, Roldán, para dirimir o duelo final nun feudo laranxa que anhela vitoria. Só pode quedar un. O clan burelés liquidou con determinación o seu enfrontamento ante o Cidade de Alcorcón (5-1) e o Atlético de Madrid tamén sumou tres puntos, tras impoñerse na complicada pista Gironella por 1-3.

O Burela Pescados Rubén confirmou o seu liderato na Primeira División realizando un partido sólido e de máxima intensidade. As madrileñas fieis ao seu estilo, guerreiras e coas escopeta cargada á contra, nunca baixaron os brazos e esixiron a un Burela que tardou en abrir o candado amarelo. Lidia conseguiu culminar unha contra, minuto 17, para rendibilizar o dominio laranxa durante un primeiro periodo emocionante.


 


Co 1-0 chegouse ao intermedio que deu paso a un despregue laranxa que desarbolou ao Alcorcón. Dany lanzou un dardo raso e envenenado ante o que Eva claudicou (2-0). O asedio local á portería amarela, derivou nun terceiro tanto logrado magistralmente por Lidia Mesías cun misil á escuadra visitante (3-0).


 


Tras uns instantes de tregua, o Alcorcón logrou manterse en pé ao conseguir reducir distancias por mediación de Sandra e intentou a remontanda con xogo de cinco. Intento infrutuoso, xa que o Burela Pescados Rubén mantivo a serenidade e aproveitou, con ambos equipos co cupo de faltas cuberto, o factor do dobrepenalti para sentenciar o choque na recta final. Peque fixo o 4-1, aproveitando o rexeite de Eva a disparo de Haydée, e Lucía Nespereira pechou o marcador desde o dobrepenalti.


 


 


Ficha técnica


 


Burela Pescados Rubén: Jozi, Lucía Nespereira, Haydée, Lidia Mesías, Peque –cinco inicial- Dany, Maite e Dolo.


 


Ciudad de Alcorcón: Eva, Leire, Desi, Lara, Natalia –cinco inicial- Ana, Lorena, Sandra e María.


 


Goles: 1-0, m.17, Lidia Mesías; 2-0, m.22, Dany; 3-0, m.27, Lidia Mesías; 3-1, m.31, Sandra; 4-1, m.38, Peque; 5-1, m.40, Lucía Nespereira.


 


Árbitros: Otero Calvo e Varela Señaris de Santiago de Compostela.


 


Incidencias: Pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Benita Campayo Vázquez, avoa da xogadora laranxa Peque.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores