Noticias
29 de abril de 2013
Meritoria cuarta praza para o Burela FS B



O Burela FS Pescados Rubén B finalizou a súa primeira tempada ligueira en Terceira nunha meritoria cuarta praza. O último compromiso, en derbi comarcal ante A Fuga Xove FS, deulles a vitoria aos laranxas (6-2).

O Burela FS Pescados Rubén B comezou cunha gran defensa e un ataque fluído creando numerosas ocasións. No minuto 3, Keko e Fabio, no 10, marcaron a primeira vantaxe. O equipo estaba a facer un bo partido en defensa pero as faltas, 5 en 5 minutos, fixeron que o equipo tivese que baixar a intensidade defensiva. Aínda así o Xove acabou tirando 3 dobres penaltis, un deles no minuto 15, que se converteu no 2- 1. No entanto, os laranxas tamén aproveitaron os 10 metros por medio de Manu, no 18. Cando todo parecía que chegaría así o descanso, nos últimos segundos, un lanzamento desde 14 metros, de Dani, reduciu as distancias de novo para os visitantes, 3-2, un gol que non facía xustiza ao que se estaba a ver sobre a pista.

Na segunda parte e sen o xugo das faltas, o equipo burelista volveu incrementar a intensidade en defensa, con roubos moi perigosos que acababan en claras ocasións. O encontro subiu de temperatura tras varias entradas a destempo dos xovenses que acabaron en varias expulsións. Na primeira superioridade, os laranxas non foron capaces de crear moito perigo pola boa defensa do A Fuga FS. Non obstante, o Burela FS B volveu atopar fisuras, no minuto 27, tras unha boa contra que Manu finalizou ao segundo pau. Despois, coa segunda expulsión, Bruno foi quen de meter gol e poñer o marcador 5-2. A partir de aí o dominio foi total para os locais, con 6-2 definitivo de Souka, no minuto 31.

 

Copa. O Burela FS B internarase na competición copeira a próxima semana, en semifinais de ida e volta (12 e 19 de maio) co Cidade de Viveiro FS. O outro cruzamento estará protagonizado por 5ACoruña FS e Vilalba FS. A final está prevista para o 1 de xuño.

 

Ficha técnica

Burela FS B: Samuel, Bruno de Nois, Manu, Antón e Keko. Tamén xogaron Carlos, Souka, Fabio, Erik e Hélder.

Xove FS: Pulido, Ivi, Darío, Iago e Marcos. Tamén xogaron Dani, Dani Díaz, Álex Tatico.

Goles: 1-0, minuto 3, Keko; 2-0, minuto 10, Fabio; 2-1, minuto 15, Dani (d.p.); 3-1, minuto 18, Manu (d.p.); 3-2, minuto 20, Dani; 4-2, minuto 27, Manu; 5-2, minuto 30, Bruno; 6-2, minuto 31, Souka

Árbitros: Manuel Dans e María Corrochano

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores