Noticias
30 de abril de 2013
Cuartos provinciais, próximo chanzo para Cadetes e Infantís

O Cadete A e o Infantil B do Burela FS Pescados Rubén subirán un novo chanzo na competición de Deporte Escolar o sábado, coa disputa de Cuartos de Final de Provincial en Lugo. O Politécnico acollerá o duelo entre os cadetes laranxas e Friol (10.00) e A Piringalla recibirá a Escolapios A e ED EON Burela FS Infantil (12.00).


Antes, máis madrugadores, ambas as categorías terán que aplicarse na competición de Autonómica. Mañá o calendario levará os laranxas ata terras olívicas para medirse ao IES Coruxo FS, ás 11.00 horas os infantís e as 12.30 os cadetes. Na bomboneira, o sábado, tocaralles aos xuvenís coa visita do CP Casás (16.30) e pecharán os infantís ante ADFS Bueu (19.00).


Cun amigable entre o Infantil A e Alevín A (10.30 horas) como preludio, a xornada dominical daralle continuidade á Liga Autonómica en Vista Alegre, cos cadetes e O Carballiño (12.30).


 


Deporte Escolar Provincial-Cuartos de final


Friol Cadete-Burela FS Cadete A
Sábado 4 de maio, ás 10.00 horas, no pavillón Politécnico de Lugo


Escolapios Infantil A-ED EON Burela FS Infantil A
Sábado 4 de maio, ás 12.00 horas, na Piringalla de Lugo


Liga Autonómica Xuvenil


Burela FS-CP Casás
Sábado 4 de maio, ás 16.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Cadete


IES Coruxo FS-Burela FS
Mércores 1 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón IES Coruxo de Vigo


Burela FS-O Carballiño FS
Domingo 5 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Infantil


IES Coruxo-ED EON Burela FS
Mércores 1 de maio, ás 11.00 horas, no pavillón IES Coruxo de Vigo


ED EON Burela FS-ADFS Bueu
Sábado 4 de maio, ás 19.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Amigables


ED EON Burela FS Infantil A-ED EON Burela FS Alevín A
Domingo 5 de maio, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores