Noticias
30 de abril de 2013
O Comité de Competición da RFEF exclúe o Puertollano de Primeira División



O Comité de Competición de RFEF sancionou o Puertollano FS, club de Primeira División da LNFS, coa exclusión da competición coas consecuencias que prevé o artigo 77.2 do Código Disciplinario da RFEF, como autor de infracción moi grave tipificada no artigo 80 do mesmo corpo normativo por incumprir por cuarta vez consecutiva na presente tempada 2012/2013, a obrigación de abonar os honorarios arbitrais.

Tras esta resolución Puertollano FS non poderá disputar a última xornada de Liga regular, que se celebra este venres, na que se enfrontaba ao Burela Pescados Rubén. De igual xeito, tampouco poderá participar no Play Off de ascenso de Segunda a Primeira División.

 

Fonte: LNFS









Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores