Noticias
15 de maio de 2013
Homenaxe laranxa a Cadete A e Infantil B

A bancada de Vista Alegre aplaudiu tamén o sábado pasado os éxitos da base burelista. Durante o descanso do encontro que lle deu a liga ao Burela FS Pescados Rubén, o presidente da entidade, José Ramón González, e o vicepresidente, Manuel Blanco, recibiron na pista o Cadete A, campión comarcal e provincial de Deporte Escolar, e o Infantil B, campión de liga, para agasallar os seus integrantes cun recordatorio.


 


O Cadete A, dirixido por Cristian Fustes, disputará a final autonómica o sábado 25 de maio, na Coruña.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores