Noticias
1 de xuño de 2013
Primeira asemblea de socios/as baixo a presidencia de Manuel Blanco (martes 11 de xuño)

A nova xunta directiva do CD Burela FS Pescados Rubén, presidida dende hoxe por Manuel Blanco Fanego, convoca Asemblea Extraordinaria de Socios para o martes 11 de xuño. A devandita reunión terá lugar no salón de conferencias (antiga biblioteca) de Burela ás 20.00 e 20.30 horas como primeira e segunda convocatorias, respectivamente.



Orde do día:


 


1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Cota de socios/as 2013-14
3. Presuposto e planificación 2013-14


 


 



Tal e como estaba previsto e seguindo o calendario electoral hoxe ás 13.30 horas procedeuse á proclamación como nova xunta directiva da estrutura laranxa á única candidatura presentada para tal fin, encabezada por Manuel Blanco. José Luis Sáez Castro asumiu a vicepresidencia; Antonio Couto Díez mantense como secretario e Rubén Blanco Fernández, fundador de Pescados Rubén, únese ao proxecto como tesoureiro. José Ramón González Casas incorpórase á lista de vogais, xunto á continuidade dos empresarios Auditor Rodríguez Lombardía e Javier Cora Díaz e o funcionario Marcelino Luna Almarza; o regreso de Luis Antonio Guillén Menéndez, empregado de Alcoa, e Alberto Fernández Rouco, traballador da construción, que xa formaron parte da historia directiva da entidade; ademais das novidades dos empresarios pesqueiros Ángel Véquez Fernández e Lino Quelle Casariego, a nutricionista Alba Vila Reija, José Ángel Dovale Gradaílle, traballador de Liteyca, e Carlos Neira Pena, fundador de Frenos Carpe.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores