Noticias
18 de xuño de 2013
Burela FS Xuvenil, subcampión no Cidade da Coruña

O Burela FS Xuvenil proclamouse subcampión no Torneo Cidade da Coruña a pasada fin de semana. Catro vitorias e un empate déronlle o billete para a final; o venres impúxose a Ex-Alcohólicos (5-3); o sábado arrancou a xornada con empate 4-4 fronte ao Troula FS, quentando motores para o dobre triunfo por 8-3 con CD Riazor e Bosco Norbrok, e o domingo, en semifinais, arrebatoulle o marcador ao Hércules FS (2-5). Na gran cita o equipo de Christian Fustes caeu ante o Contacto Futsal (3-1)


Cadetes, infantís e alevíns tamén participaron no torneo herculino, con 1 vitoria, 1 empate e 2 derrotas para os primeiros; 1 vitoria e 2 derrotas para segundos e terceiros. 


 


Copa Autonómica Xuvenil. O cadro de Fustes tamén sacou vantaxe na ida das semifinais da Copa con 2-1 ante a ED Vigo 2015, en Vista Alegre.

Documentos relacionados:
55 KB
Resultados 15 de xuño de 2013
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores