Noticias
25 de xuño de 2013
A ED EON Burela FS despide o curso 2012-13 este xoves

A ED EON Burela FS despedirá o curso 2012-13 este xoves. A cada da cultura de Burela acollerá a gala de clausura ás 19.30 horas reunindo as catro categorías da escola, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, ademais de cadetes e xuvenís, integrados na estrutura de base do equipo sénior de Primeira LNFS.


A escola laranxa premiará o traballo e aprendizaxe do seu alumnado, preto de 150 rapaces/as, coa entrega de medallas conmemorativas.


Torneo de Fútbol Costa Nova. As promesas burelistas cambiarán a superficie das pistas de futsal esta fin de semana por unha nova aventura, o Torneo Internacional de Fútbol Base Costa Nova, que acollerá a comarca da Mariña entre o venres 28 e o domingo 30 de xuño. O club laranxa internarase nesta nova experiencia coas categorías infantil, cadete e xuvenil.


(Información en http://www.torneocostanova.es/inicio/index.php)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores