Noticias
2 de xullo de 2013
Iago Barro deixa a disciplina laranxa e ficha polo Uruguai Tenerife FS



O porteiro Iago Barro non disputará a tempada 2013-14 na disciplina laranxa, despois de rematar contrato. Hoxe fíxose oficial a fichaxe do viveirense, de 24 anos, polo Uruguay Tenerife FS, de Segunda División.

Formado na estrutura de base do Puerto Celeiro, o mariñán militou no Troula FS Betanzos (2007-08) e no Mera FS (2008-11). Estreouse na Segunda e Primeira Divisións coa camisola do CD Burela FS, en 2011 e 2012 respectivamente.

O club burelista deséxalle ao prometedor gardameta sorte na continuidade da súa traxectoria deportiva lonxe de Galicia.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores