Noticias
5 de xullo de 2013
Benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís no Memorial Rodrigo Maseda Lozano



Cinco categorías da base burelista, entre benxamíns e xuvenís, participarán entre esta tarde e o domingo na segunda edición do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base 'Memorial Rodrigo Maseda Lozano'. A cita, en recordo do mozo policía burelao falecido en 2012 en acto de servizo, reunirá 14 clubs e 34 equipos ao longo de tres días nos pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre de Burela, o cervense da Veiga e o focego de Marzán.

 

O adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS, Juanlu Alonso, tamén participará no Memorial, nun clínic xunto ao seleccionador de Romanía, Sito Rivera; será o domingo, ás 15.00 horas, no IES Monte Castelo. 



NOTA IMPORTANTE: TODOS OS ENCONTROS PROGRAMADOS PARA A VEIGA TRASLÁDANSE A XOVE.



Documentos relacionados:
52 KB
Calendario-Memorial 2013
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores