Noticias
8 de xullo de 2013
O Burela FS lidera a categoría cadete no Memorial Rodrigo Maseda Lozano
Jose Ramón Maseda xunto ao Burela FS Cadete Equipo alevín, xunto a Cesarina Fanego Final cadete entre Burela FS e Vigo 2015

A base do CD Burela FS Pescados Rubén puxo punto e final onte ás competicións de 2012-13 tras un exitoso Memorial Rodrigo Maseda Lozano. Na segunda edición do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base, as promesas laranxas deron moito que falar en todas as categorías pero principalmente en cadetes, onde se proclamaron campións despois de vencer 2-3 a ED Vigo 2015 na final, ademais de recibir o trofeo de máximo goleador e mellor xogador na figura de Cristian García.



A ED EON Burela FS tamén sobresaíu no podio benxamín, como subcampioa, e no alevín e xuvenil, como terceiro clasificado. A estrutura laranxa tamén foi recoñecida como equipo máis deportivo en categoría alevín e o infantil Néstor Valle foi galardoado como o mellor xogador en infantís.



O pavillón Vista Alegre acolleu a gala de clausura do Memorial Rodrigo Maseda Lozano, que contou coa presenza do tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán; o edil de Deportes de Foz, Ángel Paleo;  Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación; os protagonistas do clínic, Sito Rivera e Juanlu Alonso; a directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo; xunto a José Ramón Maseda, pai do homenaxeado, e o presidente e o vicepresidente de Imdecum, Marcelino Luna e Manuel Blanco. Tamén participou o capitán do Burela FS , Juanma Marrube.

Documentos relacionados:
18 KB
Resultados Memorial 2013
26 KB
Cadro de Honra Memorial 2013
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores