Noticias
11 de xullo de 2013
Peñíscola-Benicarló, primeiro obxectivo do Burela FS en Primeira LNFS, o 14 de setembro

O Burela FS Pescados Rubén estreará a liga 2013-14 de Primeira División LNFS lonxe da casa; será na pista do novel Peñíscola-Benicarló FS o 14 de setembro.


O calendario, cuxo sorteo foi realizado hoxe na asemblea xeral da LNFS, estará composto por 15 equipos. Tras os valencianos, a escuadra laranxa gozará do ambiente de Vista Alegre dunha semanas consecutivas, con CD Xota Navarra (21 de setembro) e ElPozo Murcia FS (28 de setembro). Completarán os envites mariñáns Azkar Lugo FS, H. Llevant Manacor FS, Umacon Zaragoza, FC Barcelona, Ríos Renovables, Montesinos FS Jumilla, C. Arenas Gran Canaria FS, Jaén Paraíso Interior, Inter Movistar, Santiago Futsal e Marfil Santa Coloma FS. O peche da competición será o 26 de abril de 2014 en terras barcelonesas.



Na primeira volta, o Burela FS e A Mariña tamén gozarán do fútbol sala dos todopoderosos FC Barcelona (xornada 7, 19 de outubro) e Inter Movistar (xornada 13, 30 de novembro). Os derbis galegos ante a bancada laranxa resistiranse ata o cambio de ano, coa visita de Azkar Lugo FS o 11 de xaneiro de 2014 (xornada 19) e do Santiago Futsal o 26 de abril, na penúltima xornada.

Documentos relacionados:
111 KB
CalendarioPrimeiraLNFS1314
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores