Noticias
12 de xullo de 2013
Animada inscrición no Campus Laranxa 2013

A sétima edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén (18, 19, 20 e 21 de xullo) está espertando interese. A organización xa recibiu numerosas inscricións dende A Mariña, pero tamén de diferentes zonas da provincia (Sarria, Monforte, Lugo…) e incluso dende Asturias, cunha grande aceptación do alumnado feminino.


Entre o profesorado non só figurarán o ex-técnico do Caja Segovia e novo adestrador do Eto Gyor de Hungría, David Madrid, o director deportivo do Inter Movistar, Javier Lorente, e o seleccionador de Galicia Sub-23 Feminina, Manuel Castillo. Xunto á presenza xa confirmada do adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira RFEF, Quico Otero, a familia laranxa tamén estará representada polo seu homólogo en Primeira LNFS, Juanlu Alonso, e os xogadores/as Juanma, Iago Míguez, Paula e Claudia.


O prazo de matrícula aínda estará aberto ata o martes 16 de xullo.


 


 


www.burelafs.org/campus

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores