Noticias
18 de xullo de 2013
O Burela FS estreará Primeira RFEF 2013-14 o 21 de setembro ante o Soto del Real na casa

O Burela FS Pescados Rubén estreará a tempada 2013-14 de Primeira División RFEF o 21 de setembro ante o Soto del Real en Vista Alegre. A última xornada tocaralle tamén na casa, co Alcorcón, o 31 de maio de 2014.


A segunda e terceira xornadas xa traerán os primeiros duelos galegos para as laranxas, na pista do novel Valdetires Ferrol FSF, o 28 de setembro, e na bomboneira, co Cidade das Burgas, o 5 de outubro. Na xornada quinta, volverá o ambiente autonómico coa visita das mariñás á pista do Viaxes Amarelle (19 de outubro). Os últimos dous derbis da primeira volta, que finalizará o 21 de xaneiro, dirimiranse en Burela, co Ponte Ourense (xornada 10, 23 de novembro) e Poio FS (xornada 12, 21 de decembro).

Documentos relacionados:
2.9 MB
Calendario Primeira RFEF1314
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores