Noticias
19 de xullo de 2013
O futuro do futsal

O director deportivo do Inter Movistar, Javier Lorente, compartiu a segunda xornada do VII Campus Internacional laranxa co alumnado, preto de 40 nenos e nenas, procedentes non só da Mariña, senón tamén de diferentes zonas da provincia, Asturias e incluso de Madrid, que se reunirán en Burela ata o domingo.



Durante a xornada de hoxe, o alumnado alternou as sesións de adestramentos, nas que tamén participaron as laranxas Lara e Paula, con xogos na praia e obradoiros de globoflexia e papiroflexia. Pola tarde, tras a recepción oficial no consistorio, o salón de plenos acolleu unha mesa redonda na que os nenos/as puideron coñecer máis de preto a traxectoria, experiencia e sabedoría dos convidados. Os pequenos/as interesáronse polos proxectos do Inter e do Burela FS en Primeira LNFS cara a 2013-14, polas tarefas do cargo de director deportivo de Lorente e pola forma de traballo da base do conxunto madrileño, así como tamén polas metas e expectativas das campioas laranxas, ademais de recibir consellos dos tres profesionais sobre como gozar ao máximo do fútbol sala, sen deixar nunca de coidar a formación académica.



Unha dobre sesión, en Vista Alegre e Monte Castelo, pechou o día.


 


CAMPUS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores