Noticias
31 de xullo de 2013
A internacional brasileira Marcela, reforzo do conxunto de Quico Otero

A internacional brasileira Marcela Nascimento Leandro defenderá as cores do CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14. A ala canarinha, tricampioa do Mundo, chegará á Mariña nos próximos días para incorporarse ao conxunto de Quico Otero.


Marcela (Sete Lagoas, 1988) dá o salto ao fútbol sala español dende o impoñente Kindermann Caçador. Despois de formarse no Minas Clube, a súa primeira convocatoria coa selección brasileira recibiuna en 2010, militando na entidade santacatarinense; en 2012 disputou a liga co Criciúma Construções.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores