Noticias
20 de agosto de 2013
Venres 23, último día para formalizar a matrícula da ED Burela FS 2013-14

A ED Burela FS 2013-14 pechará o prazo de matrícula este venres, 23 de agosto. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende AQUÍ e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.


Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. Pasaranse tres cotas trimestrais de 45 euros; as datas de cargo serán 15 de novembro, 15 de xaneiro e 15 de abril.


Os alumnos/as da ED recibirán a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A Tenda Laranxa, en Burela, encargarase de xestionar o material directamente para cada neno/a, que ten un custo real de 175 euros dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que a entidade burelista se fará cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.


A escola laranxa estará integrada por catro categorías (entre prebenxamín e infantil).


As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.



Horario de atención ao público
De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores