Noticias
26 de agosto de 2013
Venda anticipada para Burela FS-Inter Movistar (sábado 31, 20.30 horas)

Dende mañá xa estarán á venda as entradas para o partido de presentación 2013-14 do Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS que enfrontará a escuadra de Juanlu co Inter Movistar (sábado 31, 20.30, Vista Alegre).


NON SOCI@ ADULT@: 10 euros
NON SOCI@ MENOR DE 18 ANOS (0-18): 3 euros


Para os socios laranxas será gratuíto (imprescindible presentar carné de abonado 2013-14).


As persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ata o venres, día 30, entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores