Noticias
5 de setembro de 2013
O Burela FS pecha a axenda de amigables co Desafío Star Center de Santiago

O Burela FS Pescados Rubén pechará a axenda de amigables de pretempada no Desafío Star Center (6 e 7 de setembro) da capital galega, coa presenza doutros tres equipos de Primeira LNFS, Santiago Futsal como anfitrión, H. Llevant Manacor e Colegios Arenas Gran Canaria. A cita, que servirá de presentación dos composteláns ante a súa afección, homenaxeará as vítimas do accidente de tren do 24 de xullo e os veciños da parroquia de Angrois, que estarán representados por Abel Rivas, un dos heroes de Angrois, que realizará o saque de honra.


“Será unha cita de nivel, un bo complemento a cinco semana de preparación nas que adquirimos un bo punto físico. Serviranos para definir o ritmo de competición necesario para o comezo de liga” valoraba o técnico laranxa, Juanlu.


O equipo burelista inaugurará a cita do Multiúsos Fontes do Sar mañá ás 19.00  horas fronte ao Manacor. Ás 21.00 mediranse Santiago Futsal e Gran Canaria. Serán dúbidas nas filas laranxas Hugo, por unha escordadura de nocello sufrida a semana pasada na Estrada, e Isi, por sobrecarga.


 


Venres 6


19.00 horas: Manacor FS-Burela FS
21.00 horas: Santiago Futsal-Gran Canaria FS


 


Sábado 7


18.30 horas: 3º e 4º posto
20.30 horas: GRAN FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores