Noticias
13 de setembro de 2013
Primeiro desafío en Peñíscola
Comeza o espectáculo da Liga Nacional de Fútbol Sala e o Burela Pescados Rubén inicia o seu ilusionante proxecto disputando a primeira xornada na cancha do Peñíscola Bodegas Dunviro, equipo recentemente ascendido á Primeira División. O duelo dispútase o sábado día 14, ás 18:00 horas, no pavillón municipal de Benicarló.


     A escuadra mariñá afronta o inicio de competición coa esperanza da vitoria na xornada inaugural do campionato nacional. O adestrador burelés, Juanlu, considera que o seu equipo “chega preparado para competir nunha pista complicada xa que contan cunha afección que anima e empuxa moito ao seu equipo. Estamos lonxe do potencial de xogo, circunstancia lóxica e razoable debido ás novidades no equipo, pero satisfeitos coa preparación que realizamos”.

 

    O conxunto levantino afronta a súa estrea na categoría con idéntico obxectivo que os laranxas; comezar a competición cunha vitoria e co factor cancha coma un dos seus argumentos máis sólidos “xa que a súa afección é un xogador máis e obrígaos a xogar con alegría. Por iso, imaxino que serán atrevidos e ambiciosos para corresponder á ilusión da súa xente neste regreso á Primeira División”.

 

Convocatoria: Edu, Alex, Mimi, Iago Míguez, Isi, Hugo, Christian, Antoñito, David, Juanma, Carlitos e Matamoros.

 

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores