Noticias
15 de setembro de 2013
Vitoria solvente
O Burela Pescados Rubén liquida con autoridade o seu primeiro desafío ligueiro cunha vitoria por 1-3 na pista do Peñíscola Bodegas Dunviro.

   A escuadra dirixida por Juanlu anulou o empuxe inicial dos levantinos e no ecuador do primeiro tempo encarrilou a vitoria con goles de Matamoros e Mimi. O estilete laranxa sacou o seu fusil a relucir para lograr o 0-1 e Mimi marcou a porta baleira tras presionar e roubar o esférico a Gus para establecer o 0-2.  O Burela Pescados Rubén mandaba no electrónico e apropiouse tamén do control do xogo ante unha escuadra local impotente ante a superioridade visitante. Juanma certificou o dominio burelés co 0-3, minuto 14, nunha brillante acción colectiva. Aínda que os laranxas seguiron xerando ocasións, ao descanso chegouse co 0-3.


 


    Na continuación, os locais intentaron apertar a un Burela que respondeu con posesións longas e apoiado na súa seguridade defensiva neutralizou calquera perigo levantino e ata puido aumentar a súa renda aínda que sen éxito. O Peñíscola intentou reaccionar co xogo de cinco pero únicamente logrou o seu obxectivo nos instantes finais por mediación de Juanqui que selou o 1-3 definitivo.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores