Noticias
16 de setembro de 2013
Triunfan copas
Quenda para a Copa Xunta 2014. Trala Supercopa de España, o Burela Pescados Rubén disputa o segundo encontro da XXIII Copa Xunta. A escuadra laranxa está encadrada no grupo B con Poio Pescamar, ao que venceu por 1-3, e A Fervenza FS ao que se medirá o martes día 17 ás 20.30 horas no pavillón Vista Alegre. O Poio Pescamar venceu ao A Fervenza FSF por 0-4, polo que unha vitoria ou un empate das mariñás clasifícaas para a fase final.

Campioas de Liga 12/13. Na previa ao encontro de volta da XI Supercopa de España a capitá do Burela Pescados Rubén, Lidia Mesías, recibiu de mans do representante da RFEF, Patricio Allende, a Copa de Campioas da Liga 2012/2013. O xantar protocolario da XI Supercopa de España celebrouse no Hotel Palacio de Cristal de Burela. Asistiron en representación de Comité Nacional de Fútbol Sala da RFEF; o vicepresidente da comisión de seleccións territoriais, Gonzalo de Azkárate Gaztelu, responsable de Fútbol Sala Feminino; Patricio Allende de la Riva e Juan Abellán Segundo, vocal; o secretario do CNFS, José Javier Saiz Sedano e o seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.


En representación do Concello de Burela estivo presente o alcalde, José María González Barcia e representando á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga. En representación do Atlético de Madrid asistiu o seu presidente, José Manuel Igea Biurrun. E pola entidade laranxa asistiron o  presidente, Manuel Blanco Fanego, o vicepresidente José Luís Sáez Castro e os directivos Rubén Blanco Fernández e Marcelino Lúa Almarza.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores