Noticias
17 de setembro de 2013
Estrea de "Non era un soño", a película do doblete
O xoves 19 de setembro preséntase na Casa da Cultura de Burela ás 21 horas a película documental “Non era un soño!”, na que se narran as vivencias do equipo femenino do CD Burela FS Pescados Rubén, campeón do histórico doblete na Liga de Primeira División e Copa de España na temporada 2012-2013. A entrada ó acto de presentación e proxección do documental é totalmente libre. As copias en DVD estarán disponibles a partir da próxima semana na sede do club.

Trátase dun vídeo documental duns 50 minutos no que se suceden entrevistas personalizadas con cada unha das xogadoras, membros do equipo técnico e dirixentes do equipo campeón, e que está dividido en varios bloques temáticos:



• Recordos do 11 de maio de 2013
• Como se prepara un partido decisivo
• O primeiro gol marcouno Vista Alegre
• 40 minutos para 1 Liga
• Para un gran triunfo fai falta un gran rival
• A Copa de España: un doblete histórico
• A afección do Burela FS: o sexto xogador
• A recompensa ó traballo ben feito



A reportaxe inclúe imaxes da retransmisión do partido de Liga en directo pola Televisión de Galicia, da final da Copa de España cedidas polo clube Stilo Berrio FK de Bilbao e outras imaxes inéditas de Arracada Produccións de como se viviu aquel último partido de Liga a pé de pista. Unha das colaboracións máis chamativas é a do coñecido locutor da radio deportiva Pepe Domingo Castaño, seguidor confeso do clube burelés, que se prestou a gravar a parte introductoria da película.



A reportaxe está producida e realizada pola empresa burelesa Arracada Produccións en colaboración con Logaidea Comunicación e co patrocinio de empresas e entidades relacionadas co clube: Pescados Rubén, Galipizza Pizzbur-Franquicias, Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense, Armadores de Burela ABSA e Concello de Burela.



Este proxecto audiovisual ideouse nas semanas previas a aquel decisivo último partido de Liga en Vista Alegre, comenzouse a gravar nos días anteriores ó choque e as entrevistas coa plantilla realizáronse nos días que seguiron ó título da Copa de España. Esa é un dos grandes reclamos da reportaxe: a narración en primeira persoa polas propias campeonas de Liga e Copa das súas vivencias e emocións naquelas datas.



O obxectivo desta iniciativa é render unha merecida homenaxe ó equipo feminino do C.D. Burela FS Pescados Rubén, campeón do histórico doblete que acabou por situar a Burela no mapa deportivo nacional. O que se pretende é axudar a gardar un recordo a partir de agora imborrable na memoria dos seguidores do equipo, dos veciños de Burela e de toda a Mariña de Lugo, otorgando o valor que se merece a uns logros que non se van poder repetir facilmente no futuro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores