Noticias
18 de setembro de 2013
Goleada e pase á fase final

O Burela Pescados Rubén logrou o pase para a fase final da Copa Xunta 2014 tras impoñerse por 6-0 ao A Fervenza nun duelo monocolor. As pupilas de Quico Otero venceron sen agobios ás ferrolanas demostrando a diferenza de categoría existente. Silvia, en dúas ocasións, Peque e Lidia certificaron o dominio laranxa (4-0) ao descanso e na continuación a dinámica repetíase. Lidia marcou o quinto e Claudia nunha acción individual completou o set en branco.


 


FICHA TÉCNICA


Burela Pescados Rubén: Patri, Silvia, Lara, Peque, Bea –cinco inicial- Lidia, Maite e Claudia.



A Fervenza FSF: Nerea, Belén, Doce, Irene, Claudia –cinco inicial- Antía, Amanda, Cintia e Andrea.



Goles: 1-0, m.3, Silvia; 2-0, m.14, Peque; 3-0, m.14, Lidia; 4-0, Silvia, m.17; 5-0, Lidia, m.26; 6-0, m.31, Claudia.



Árbitros: Fernández Bello e Diego Franco.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores