Noticias
19 de setembro de 2013
Estrea en Vista Alegre con Energy
O Burela Pescados Rubén estrea a tempada en Vista Alegre con Energy como espectador de luxo. O encontro ante Xota Navarra, correspondente á segunda xornada da LNFS, dispútase o venres día 20 ás 22:30 horas, retransmitido en directo por Energy TV.



   Ambas escuadras chegan a este duelo de altura nunha posición de contraste. Os mariñás gañaron con solvencia en Peñíscola (1-3) mentres que os navarros caeron sorprendentemente no templo de Anaitasuna (1-4) ante o recentemente ascendido Montesinos Jumilla.

 

  O conxunto dirixido por Juanlu quere certificar o seu bo inicio ante un clásico da Liga como é o Xota Navarra, unha escuadra que Juanlu destaca pola “súa velocidade e a súa seguridade defensiva. Realizan un xogo moi directo e rápido. Pola súa filosofía de xogo séntense máis cómodos xogando como visitantes que na súa casa onde están máis obrigados a levar a iniciativa”.

 

  No referente ao seu propio equipo mostrouse moi satisfeito co traballo semanal xa que “por primeira vez, o persoal ao completo puido adestrarse ao cen por cento sen ningún tipo de problemas físicos. Medímosnos a un rival co que podemos chegar a competir por idénticos obxectivos e é unha boa oportunidade para marcar distancias”.

 

Convocatoria: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Alex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores