Noticias
20 de setembro de 2013
O futuro laranxa estrea o curso con tres amigables

A base do CD Burela FS Pescados Rubén estreará as pistas en 2013-14 con tres amigables. Os equipos máis experimentados da estrutura formativa do club mariñán serán os que se vistan de laranxa esta fin de semana para desprazarse ao interior da provincia luguesa.


O Infantil A e o Cadete A mediranse o sábado á ED Meira, ás 11.00 e 12.00 horas respectivamente (pavillón municipal). Pola súa banda, o conxunto xuvenil visitará A Terra Chá o domingo para enfrontarse ao Vilalba FS (18.30 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores