Noticias
26 de setembro de 2013
O Burela FS B comeza a liga este sábado na pista do Santiago Futsal (18.00)

O Burela FS Pescados Rubén B comezará a súa segunda tempada en Terceira División co desprazamento á capital galega. Medirase ao filial do Santiago Futsal este sábado, ás 18.00 horas, no pavillón municipal Santa Isabel.


A escuadra laranxa afronta a nova aventura de liga con ilusión e ganas como un dos grandes proxectos formativos da estrutura mariñá.  “Estou moi satisfeito co traballo e intensidade da pretempada, aínda que nos falta adquirir ritmo de competición” admitía o técnico, Iván Cao ‘Lucas’, que tamén advertiu sobre a dificultade do inicio ligueiro: “Os dous primeiros rivais, Santiago e Troula FS, son dous dos grandes favoritos; son dous equipos que nos esixirán dar o mellor de nós para sacar algo positivo” analizaba o adestrador a composteláns e betanceiros, procedentes de Segunda B e Primeira Autonómica respectivamente.


O cadro burelista 2013-14 arrincará a liga con Antón Couto, Keko, Manu Jiménez, Carlitos e Brais, coas incorporacións de Antón González e Javi Fajardo, do Superti, e Xoel Gómez, do Ventorrillo, e os xuvenís Alemán, Hélder, Miguel, Pancho, Aitor, Rubén e Erik. Bruno de Nois non poderá participar na recta inicial da competición por rotura do quinto metatarsiano.


 

Documentos relacionados:
1,022 KB
Calendario Terceira División 1314
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores