Noticias
17 de outubro de 2013
Umacón Zaragoza 3-1 Burela FS
Foto: Rubén Losada (Fotografiarte)

O Burela FS Pescados Rubén non puido dar continuidade onte á vitoria do sábado ante Manacor. Umacón Zaragoza atragoóuselles aos mariñáns (3-1) nun encontro no que o desaxuste de finalización, sobre todo na segunda parte, lles pasou factura aos de Juanlu.


A pesar de adiantarse no marcador, xa no minuto 5, o tanto de Matamoros viuse mitigado rapidamente co empate de Carlos García (minuto 7). A tres minutos para o descanso, Catela deulles vantaxe aos locais (2-1).


No segundo período, os galegos melloraron en actitude e xogo, pero o desacerto en definición freou os seus obxectivos. A falta de catro minutos o Burela FS intentou a remontada con xogo de cinco, primeiro con Juanma e despois con Burrito; a falta de 12 segundos para a bucina final chegou o 3-1 definitivo, en contraataque que culminou de novo Carlos García.


Un titán en Vista Alegre


O Burela FS Pescados Rubén continúa coa venda anticipada para a visita do gran titán, FC Barcelona, que chegará a Vista Alegre tras o empate de onte con Peñíscola (3-3).


As persoas interesadas poderán retirar as súas entradas por adiantado ata o venres na sede do club laranxa (10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado, en Vista Alegre, estarán dispoñibles desde as 17.30 horas, con taquillas diferenciadas para socios e o resto do público.



PREZOS PARA SOCIOS


Maiores de 14 anos: 5 euros


De 0 a 13 anos: 1 euros


 


PREZOS PARA NON SOCIOS


Maiores de 14 anos: 20 euros


De 0 a 13 anos: 3 euros  

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores