Noticias
24 de outubro de 2013
Un partido clave na casa dun rival directo
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén enfrontarase a un partido clave mañá no Ciudad de Tudela (20.30 horas), ante un rival directo, un gran rival, o Ríos Renovables Ribera Navarra. A escuadra laranxa, que volverá contar con Hugo tras cumprir a súa sanción, saltará a unha difícil pista con 8 puntos, 1 máis que os locais, no seu propósito por prolongar a boa imaxe ofrecida ante FC Barcelona (2-2) e dar un salto cara á zona alta da táboa.


“Para nós os tres puntos supoñerían un empurrón importante” asegura Juanlu a pouco máis de 24 horas para o comezo da oitava xornada de Primeira División. O cadro mariñán chega nun bo momento físico e anímico, con disposición plena de efectivos e a confianza de ser capaces de frear o mellor cadro, o campionísimo Barcelona. “Para min a clave estará no nivel demostrado por Burela FS. Ata agora fomos irregulares. Debemos concentrarnos en realizar un bo primeiro tempo; nos partidos que erramos durante os primeiros vinte minutos vímonos obrigados a remar contra corrente e debemos evitalo” explicaba o técnico laranxa, destacando a dificultade da pista inimiga, aínda que tamén con certo lastre psicolóxico. “Veremos a un rival que presiona ben en toda a cancha, creando dificultades na circulación de balón, e que está avalado por moito traballo de estratexia. A súa necesidade de gañar pode ser unha motivación, pero precisamente esa ansiedade por conseguir os tres puntos tamén pode xogar na súa contra” advertía o burelista.


O Ribera Navarra recibirá os galegos tras o respiro dun empate en Peñíscola (2-2), logo de encadear tres derrotas (Inter Movistar 2-4, Santiago Futsal 6-2 e Marfil Santa Coloma 2-3). Na necisidade da vitoria tamén incidiu José Lucas Mena, Pato: “O tren de engancharche á parte alta pasa por gañar a Burela. Sabemos que nos xogamos moito neste partido, só nos serve a vitoria”, dixo o técnico navarro, facendo un chamamento ao gol para esta cita: “Creamos ocasións pero non chega o gol. Estamos traballando e, a base de constancia, chegará”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores