Noticias
30 de outubro de 2013
Fin de semana concentrada en Autonómica

A base do CD Burela FS Pescados Rubén tomará a ponte de descanso sobre as pistas para dedicarse de cheo á celebración do Samaín. Tan só se disputarán os encontros de Autonómica, co desprazamento á Malata de Ferrol o domingo. Os cadetes laranxas saltarán á pista ás 10.00 para medirse ao Parrulo; aos infantís tocaralles ás 11.15 horas.


O partido de Liga Nacional Xuvenil, correspondente á 5ª xornada, foi aprazado por petición do Azkar Lugo.



Liga Autonómica Cadete


Maren O Parrulo-CD Burela FS
Domingo 3 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón da Malata de Ferrol


Liga Autonómica Infantil


Canalones Leonardo O Parrulo-ED Burela FS
Domingo 3 de novembro, ás 11.15 horas, no pavillón da Malata de Ferrol

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores