Noticias
30 de outubro de 2013
O Parrulo e Cidade das Burgas, rivais burelistas en Copa Galicia
Foto: A Caixa Escura

A familia laranxa xa coñece os próximos rivais da Copa Galicia; así o decidiu o sorteo realizado esta tarde na sede da Federación Galega de Fútbol sala na Coruña. O Burela FS Pescados Rubén de Juanlu entra na competición en cuartos de final para medirse ao segundo clasificado do Grupo A da previa, O Parrulo FS, de Segunda División; pola súa banda, as pupilas de Quico Otero, despois de quedar campioas do Grupo B, mediranse en semifinais ao Cidade das Burgas, primeiro clasificado do Grupo C.


Xunto ao Burela FS, estréase na competición o Noia FS, de Segunda B, e os outros dous equipos de Primeira, Santiago Futsal e Azkar Lugo. O Noia medirase ao Cidade de Narón, campión do Grupo B da fase previa; os composteláns enfrontaranse a Pazos de Borbén, campión do Grupo A; e os transportistas visitarán O Esteo FS, segundo clasificado do Grupo B.


Para as semifinais da Copa Galicia Feminina gañaron o billete catro equipos de Primeira División; o outro duelo estará protagonizado por Viaxes Amarelle, segundo clasificado do Grupo C, e Ponte Ourense, campión do Grupo A.


A fase final de ambas as competicións está prevista para Semana Santa, con sede pendente de determinar.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores