Noticias
4 de novembro de 2013
Leis Pontevedra 6-1 Burela FS B
Foto: A Caixa Escura

O equipo de Iván Cao ‘Lucas’ non puido prolongar o bo resultado da xornada pasada. O Burela FS Pescados Rubén B viuse freado pola fortaleza da pista do primeiro clasificado, Leis Pontevedra (6-1).


Os laranxas pelexaron contra a corrente do líder, que conseguiu poñerse por diante con 3-0 en cinco minutos; no 6 de Noel, no 7 de Raúl Jiménez e no 11 de Pablo.


Tras o descanso, Gus outorgoulle o 4-0 aos locais no 26. Un minuto despois Antón Couto reduciu distancias. Con 4-1 e a loita dos mariñáns por repoñerse, os pontevedreses sentenciaron o encontro con outros dous tantos, no 36 e 30, para finalizar 6-1.


 


Ficha técnica


Leis Pontevedra FS: Chenlle, Raúl Jiménez, Gus, Sergio Martínez, Miguel, quinteto inicial; tamén xogaron Sergio, Pablo, Barcala, Martín e Noel


Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Alemán, Manu, Keko, Carlos, quinteto inicial; tamén xogaron Antón González, Antón Couto, Hélder, Xoel e Aitor


Goles: 1-0, minuto 6, Noel; 2-0, minuto 7, Raúl Jiménez; 3-0, minuto 11, Pablo; 4-0, minuto 26, Gus; 4-1, minuto 27, Antón Couto; 5-1, minuto 36, Noel; 6-1, minuto 39, Noel


Árbitros: García Freiría // Lago Barreiro (Vigo)


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores