Noticias
5 de novembro de 2013
Matamoros súmase a Antoñito na lista de convocados de España ante Grecia (Murcia, luns 11)

O máximo goleador burelista, Jorge Valhermoso Matamoros, sumouse a Antoñito na lista de convocados de Venancio López para o partido homenaxe a Kike Boned entre España e Grecia, que terá lugar o luns 11 de novembro, no Palacio dos Deportes de Murcia.


Para ambos os xogadores esta será a segunda oportunidade coa Vermella no que vai de tempada. Antoñito estreouse como internacional absoluto na última cita do combinado español, a semana pasada en Portugal. Matamoros participou nos compromisos ante Bélxica en Ceuta a finais de setembro.


Esta é a semana por excelencia dos internacionais laranxas. Xunto ao chamamento dos pupilos de Juanlu, tamén foi reclamada a presenza das burelistas Lida Mesías e Peque na concentración que a Selección Española Feminina realizará nas Azores entre o domingo 10 e o xoves 14 de novembro; durante esta estancia, o combinado de Venancio López disputará dous amigables fronte a Portugal, o 12 e 13 de novembro (19.30 horas).


Galicia Cadete. A Selección Galega Cadete tamén comeza a quentar motores con miras ao Campionato Nacional de España. O xogador do CD Burela FS Peixes Rubén Alejandro García, Mini, participará no adestramento previsto para este venres, 8 de novembro, no pavillón compostelán Monte dos Postes (17.00 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores