Noticias
8 de novembro de 2013
Descanso laranxa en Primeira LNFS
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén gozará esta fin de semana da xornada de descanso de Primeira División LNFS. Dende a sexta praza, con 14 puntos, o cadro de Juanlu contemplará os movementos da décima cita da competición.


 


Tras a vitoria dos dezaseisavos da Copa do Rei, o martes en Melilla (1-2), o cadro mariñán tomou uns días de descanso; retomará os adestramentos o luns.


 


Colegios Arenas Gran Canaria será o próximo rival dos laranxas, que recibirán os insulares en Vista Alegre o sábado 16, ás 18.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores