Noticias
9 de novembro de 2013
O Atlético de Madrid asalta Vista Alegre e colócase líder en solitario
O duelo polo liderato da Primeira División saldouse con vitoria para o Atlético de Madrid Navalcarnero tras impoñerse por 1-2 ao Burela Pescados Rubén. Ju Delgado, autora dos goles colchoneiros, convertiuse na gran protagonista dun choque de máxima intensidade e con dominio alterno.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura
Durante o primeiro periodo ambos conxuntos presionaron ao seu rival con moita intensidade e, tralo tanteo inicial, alternaron o dominio no xogo pero sen ocasións claras e demasiadas imprecisións por ambas escuadras. Aínda que Patri desbaratou un par de accións de certo perigo visitante, a mellor ocasión foi para o Burela Pescados Rubén, minuto 7, pero o pau interpúxose no camiño do gol tras un disparo colocado de Peque. A igualdade do choque rompeuna Ju Delgado, minuto 17, aproveitando unha concesión laranxa logrou bater a Patri cun potente disparo raso desde a frontal do área. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o Atlético comezou dominando pero Lidia marcou o empate tras un saque de esquina, minuto 23. A igualada revitalizou ao conxunto burelés e as madrileñas acusaron o golpe considerablemente. O Burela Pescados Rubén dominaba e gozaba de ocasións para adiantarse pero perdoaba ante a meta defendida por Belén. O Atlético sufría ante o acoso laranxa ata que Ju Delgado emerxeu de novo. Tras un roubo en media pista plantouse nun man a man con Jozi e con serenidade logrou marcar o 1-2, minuto 32. No tramo final do envite, as madrileñas perdoaron dous dobrepenaltis, Fabi e Natalia. O Burela recorreu ao xogo de cinco e a oportunidade do empate chegou nun dobrepenalti a 40 segundos do final. Peque asumiu a responsabilidade aínda que o seu disparo marchouse desviado e non puido evitar a vitoria das colcheneiras. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Patri, Lidia, Peque, Maite, Bea –cinco inicial- Claudia, Lara, Jozi. Atlético de Madrid Navalcarnero: Belén, Leti, Ju Delgado, Anita Luján, Rosana –cinco inicial- Natalia, Cristina, Fabi. Goles: 0-1, m. 17, Ju Delgado; 1-1, m.23, Lidia; 1-2, m.32, Ju Delgado. Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 da Primeira División, disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. 800 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores