Noticias
11 de novembro de 2013
O Burela FS B golea o IES Coruxo (7-2)
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B completou o sábado a súa maior goleada no que vai de tempada, impoñéndose 7-2 ao Concello de Vigo IES Coruxo, nun encontro moi intenso no que o cadro de Iván Cao, Lucas, atopou o tan perseguido e traballado acerto na finalización.


O dominio da escuadra laranxa tivo un perfecto reflexo no electrónico, con vantaxe de 4-1 ao descanso. Tras o temperán 1-0, de Keko, o conxunto vigués subiu a igualada no minuto 4. No entanto, o Burela FS B, cunha grande execución ofensiva, ampliou as distancias, nas zapatillas de Antón Couto (minuto 14), Manu (16) e Keko (17).


O segundo período retomou o cita da sétima xornada de Terceira cun xogo menos fluído; con todo, o cadro local aínda puido avantaxar cunha nova diana de Manu, no minuto 29. Tras o 5-2, de Aarón, no 33, o Coruxo apostou por porteiro xogador, aínda que sen obter resultados para a remontada. Os burelistas conseguiron neutralizar os arranques rivais con solvencia, coas guindas do hat-trick de Keko (35) e Xoel (38).



Ficha técnica


Burela B Pescados Rubén:  Brais, Keko, Antón Couto, Carlos, Hélder –cinco inicial- Manu, Xoel, Antón González, Alemán, Javi.


Concello de Vigo IES Coruxo FS: Alejandro, Jonathan, Aarón, Álex, Francisco –cinco inicial- Andrés, Bruno, Alexis,  Daniel.


Goles: 1-0, m.1, Keko; 1-1, m.4,  Jonathan; 2-1, m.14, Antón Couto; 3-1, m.16, Manu; 4-1, m.17, Keko;  5-1, m.29, Manu; 5-2, m.33, Aarón; 6-2, m.35, Keko; 7-2, m.38, Xoel.


Árbitros: Fernández  Pita // Amor Vizoso (Ferrol)


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores