Noticias
12 de novembro de 2013
Resultados das categorías de base

As ligas das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén resolvéronse con dúas vitorias e unha derrota na última xornada.


Os xuvenís impuxéronse con solvencia ao IES Coruxo Vigo (7-2), resultado idéntico ao duelo entre mariñáns e vigueses na Terceira División, e os cadetes tamén venceron en Autonómica por 4-0 ao Troula FS Betanzos. No entanto, o electrónico caeu do lado betanceiro en Autonómica Infantil (1-2), nunha cita moi igualada.


Liga Prebenxamín da Mariña. Os máis pequenos/as da familia laranxa estrearanse esta fin de semana na Liga Prebenxamín da Mariña 2013-14 que organiza a Fundación Imdecum. O alumnado burelista participará nas dúas categorías, Prebenxamín 1 (nados en 2006) e Prebenxamín 2 (nados 2007-08); na primeira mediranse a AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas, Escolas Celeiro Xove FS, EDM Cervo, ED Lourenzá e Cidade de Viveiro e na segunda xogarán con ACD Xove e repetirán coas escolas de Foz e Covas.


Na primeira xornada, os equipos burelistas recibirán a Escolas de Celeiro en Prebenxamín 1 e ACD Xove en Prebenxamín 2.



Liga Nacional Xuvenil


CD Burela FS 7-2 IES Coruxo Vigo


CD Burela FS: Cinco inicial, Erik, Rubén (3), García, Jorge (2) e Pancho; tamén xogaron Rafa (1), Isi, Borja, Renato (1), Miguel, Riveiro e Marcos
IES Coruxo - Concello de Vigo FS: Cinco inicial, Ramón, Diego, Carlos, Javier e Jeremy (1); tamén xogaron Pablo, Iván Vázquez (1), Alejandro, Amando e Samuel
Árbitro: Benjamín Rivas e Javier Nistal (Delegación da Mariña)


Liga Autonómica Cadete


CD Burela FS 4-0 Troula Betanzos FS


CD Burela FS: Cinco inicial, Noé, Mini (1), Aitor, Pitero e Chiky; tamén xogaron Aleixo (1), Kaká (1), Xosé (1), David, Jordan, Vilariño e Aarón
Troula Betanzos FS: Cinco inicial, Samuel, Ezar, Alejandro, Antón e Adrián; tamén xogaron Santiago (2), Sergio, Fernando e Lucas
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)


Liga Autonómica Infantil


ED Burela FS 1-2 Troula Betanzos FS


ED Burela FS: Cinco inicial, José Luis, Alvaro, Rubén, Luka e Nito; tamén xogaron Luismi, Domingos, Dani, Aitor, Sergio, Víctor (1) e Adilson
Troula Betanzos FS: Cinco inicial, Jaime, Luis, Daniel, Antón e Brais (1); tamén xogaron Alejandro (1), Jesús, Víctor e Aarón
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)



Amigables


CD Burela FS Cadete B 1-2 Cidade de Viveiro Cadete


CD Burela FS Cadete B: Cinco inicial, Yeremay, Jardel, Hugo, Adán (1) e Raúl; tamén xogaron Lucas, Martín, De Brito, Roberto, Selito, Gerson e Luismi
CFS Cidade de Viveiro: Cinco inicial, David, Miguel, Fran, Óscar e Zad-Maudi (1); tamén xogaron Iván, Jorge (1), Alexis e Eric (1)
Árbitro: Javi Mogo (Delegación da Mariña)


Concello de Guitiriz Infantil 3-1 ED Burela FS Infantil B


Concello de Guitiriz:  Cinco inicial, Xoel (2), David F., Pablo, Martiño e David; tamén xogaron Fran, Antón (1) e Kevin CD Burela FS Infantil B: Cinco inicial, Xesús, Álvaro, Christopher, Jairo e Manuel; tamén xogaron: Yeremay, Clever, Michael, Renato (1) e Edilson
Árbitro: Jesús Pérez


Concello de Guitiriz Benxamín 3-1  ED Burela FS Benxamín


Concello de Guitiriz: Cinco inicial, Diego, Xoel, Dani, Paulo (1) e Raúl (1); tamén xogaron Breixo, Iago (1) e Jorge
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex Bermúdez, Noel, Pedro, Pablo e Martín; tamén xogaron: Rafa, Álex Altamirano, Yago Ares (1) e Lucas
Árbitro: Jesús Pérez


Concello de Guitiriz Alevín 0-5 ED Burela FS Alevín


Concello de Guitiriz: Cinco inicial, Yani, Paulo, Gabi, Fran e Pablo; tamén xogaron Diego, David, Manu e David Freire
ED Burela FS: Cinco inicial, Dani, María (2), Isaac (1), Jorge (2) e Pablo; tamén xogaron Gustavo, Diego, Antonio, Edmilson, José Carlos, Álex e Anxo
Árbitro: Manuel Martínez


Concello de Guitiriz Prebenxamín 9-0 ED Burela FS Prebenxamín


Concello de Guitiriz: Cinco Inicial, Anxo (4), Alexo, Adrián (1), Xavi (2) e Sergio (1); tamén xogaron: Javi, Xián e Mario (1)
ED Burela FS: Cinco inicial, Carlos, Asier, Sergio, Claudia e Iago; tamén xogaron Iria, Alexandre, Yago Ares, Rafa, Esther, David, Brais e Walter
Árbitro: Manuel Martínez

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores