Noticias
13 de novembro de 2013
Levante Dominicos, obxectivo laranxa en oitavos da Copa do Rei
Foto: melilladeporte.es

O Burela FS Pescados Rubén xa coñece o rival de oitavos da Copa do Rei, tras o sorteo realizado esta mañá na sede da Real Federación Española de Fútbol. Medirase ao Levante UD Dominicos, quinto clasificado de Segunda División, entre o 10 e o 11 de decembro, a partido único, na pista valenciana, El Cabanyal.


O cadro de Juanlu superou a eliminatoria de dezaseisavos na casa do Melilla, tamén de Segunda, na prórroga, con resultado final 1-2. Pola súa banda, os valencianos impuxéronse na rolda anterior ao Betis FS Nazareno, 4-6.



Resultado do sorteo:


Segovia Futsal-Montesinos Jumilla FS
Ziérbana CDF-H. Llevant Manacor
San Vicente-El Pozo Murcia
Plásticos Romero Cartagena-Azkar Lugo FS
Maxon Montcada-Zaragoza
Levante UD Dominicos-Burela FS Pescados Rubén
Noia FS-Ribera Navarra Ríos Renovables
FC Barcelona Alusport-Inter Movistar

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores