Noticias
14 de novembro de 2013
Confianza para o derbi fronte ao SD Xove FS
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B chega cargado de confianza e moral ao derbi comarcal co Pizzería A Fuga SD Xove FS da oitava xornada de Terceira, despois do contundente triunfo sobre o Concello de Vigo IES Coruxo (7-2). Os rapaces de Iván Cao, Lucas, saltarán á pista municipal de Xove o sábado, ás 17.00 horas.


Os laranxas chegan na sétima praza, con 10 puntos, 4 máis que os locais, que se sitúan na duodécima posición. A escuadra de Andrés López encadea tres xornadas sen puntuar; ata o momento tan só puido impoñerse a 5Coruña FS (5-2), na segunda xornada, e Bueu (7-3), na cuarta.


“Creo que podemos partir como favoritos, pero coma en calquera derbi a sorpresa pode darse no momento menos esperado; a emoción e a intensidade marcarán a evolución do encontro” traslabada o técnico burelista, analizando o rival: “É un cadro con xente veterana, moi perigoso; reestruturouse bastante con respecto ao ano pasado e entre as novidades está Bruno Giron, con experiencia na liga inglesa, co London United e Baku United”. Nos movementos máis recentes, o cadro xovense perdeu o ex–laranxa Souka e incorporou o local Fran, procedente do fútbol.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores