Noticias
14 de novembro de 2013
Brillo laranxa na visión goleadora de España
Foto: A Caixa Escura

A finalización do Burela FS Pescados Rubén brillou onte coa Selección Española, nas zapatillas da pichichi laranxa, Peque, que xunto á súa compañeira Lidia Mesías, volveu ter unha excelente participación no segundo amigable da Vermella con Portugal. A xogadora burelista foi a protagonista dos dous tantos españois, nun encontro disputado no pavillón municipal de Angra do Heroismo dos Azores, que se decantou polo combinado luso (3-2).


Cun rápido gol de Peque adiantábase a Vermella. Co progreso paulatino das lusas, España cargouse de cinco faltas a dous minutos do descanso. A escasos segundos para o asubío, Carla Vanessa igualaba o choque desde os dez metros.


Ao pouco do reinicio Sofia Vieira adiantaba as locais, minuto 23. Aínda que as españolas reaccionaron con intensidade, o terceiro das portuguesas chegou roldando o ecuador da segunda parte, por mediación de Rita Martins. A catro minutos da finalización, España enfundouse no xogo de cinco con Leti como porteira xogadora. Nos últimos segundos volveu aparecer a acertada Peque, aproveitando unha pelota solta na área lusa para establecer o definitivo 3-2.


Ficha técnica


Portugal (3): Natalina, Cátia Morgado, Mélissa, Sofia Vieira, e Sofia Ferreira (quinteto inicial). Tamén xogaron Ana Catarina, Liliana Salema, Inês Fernandes, Cláudia Santos, Joana Meira, Rita Martins, Joana Azevedo, Pisko e Carla Vanessa
Seleccionador: Jorge Braz


España (2): Belén, Berta Velasco, Andrea Feijóo, Peque e Lucía Nespereira (quinteto inicial). Tamén xogaron Silvia, Jennifer (segunda porteira), Beatriz Martin, Patri Chamorro, Lidia Mesías, Claudia Pons, Leticia Sánchez, Sara Navalon, Ceci e Anita Luján.
Seleccionador: Venancio López


Pabellón Municipal de Angra do Heroismo. Colexiados, Mário Lobo, Sérgio Gonçalves e José Silveira de Portugal. Encontro amigable con motivo da preparación do IV Torneo Mundial.


Goles: 0-1, min. 2, Peque; 1-1, min. 20, Carla Vanessa (dobre penalti); 2-1, min. 23, Sofia Vieira; 3-1, min. 30, Rita Martins; 3-2, min. 40, Peque

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores