Noticias
16 de novembro de 2013
O Burela FS golea o Móstoles (1-7)
Foto: A Caixa Escura
As pupilas de Quico Otero resolveron con contundencia a súa visita á correosa pista do Móstoles. O Burela FS Pescados Rubén goleou 1-7 nunha cita baixo mínimos, na que non puido contar coa internacional Lidia Mesías, que regresou da concentración con España cunha forte contractura, e onde Lara tamén tivo problemas musculares por un mal golpeo. O rápido gol de Maite, no minuto 3, que quedou soa ante a porteira logo dun desmarque de Peque ás costas da defensa, deulle ás á escuadra burelista nunha primeira parte equilibrada onde a posesión se repartiu en ambos os bandos. O Pescados Rubén soubo sacar vantaxe a este resultado e frear a posesión do Móstoles, que dispuxo de ocasións de lonxe desartelladas pola defensa laranxa e grande acerto de Patri. A tres minutos para o descanso, Peque anotou o 0-2 definitivo ao ecuador, en parede con Maite. Co inicio do segundo tempo, o Burela FS puxo terra por medio, con 0-3 en nova aparición da pichichi laranxa, en parede con Claudia (minuto 22). Aínda que poucos segundos despois, Patri Chamorro reduciu as distancias con volea á escuadra ao controlar un pase elevado desde a banda, as filas galegas mantiveron o control e as ocasións ante un Móstoles con nerviosismo pola remontada. A falta de catro minutos para o final, Claudia volveu deixar de manifesto a autoridade laranxa, culminando un pase ao segundo pau de Maite desde a banda. As mariñás ampliaron a fenda no marcador coa aposta das mostoleñas pola porteira xogadora. Maite, en 37, subiu o 1-5 nun roubo, a porta baleira. O 1-6 chegou no 38, coa firma de Bea Mateos, que aproveitou unha falta de entendemento nun pase no cambio de xogo de cinco pola entrada da porteira local. Para anotar o definitivo 1-7, rubricou o seu hat-trick Peque no último minuto en colaboración con Maite. Ficha técnica Móstoles FSF: Pauli, Patri Chamorro, María Otero, María García, Eva, cinco inicial; Inma, Raquel Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Bea Mateos, Claudia, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cris, Jozi Goles: 0-1, minuto 3, Maite; 0-2, minuto 17, Peque; 0-3, minuto 22, Peque; 1-3, minuto 22, Patri Chamorro; 1-4, minuto 36, Claudia; 1-5, minuto 37, Maite; 1-6,minuto 38, Bea Mateos; 1-7, minuto 39, Peque. Árbitros: Iván del Hoyo // Diego San Juan (Madrid) Tarxetas: Por Móstoles a Patri Chamorro e María García
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores