Noticias
18 de novembro de 2013
Triunfo laranxa no derbi mariñán ante o Xove FS
O Burela Pescados Rubén B venceu por 1-3 no derbi mariñano ante o Pizzería A Fuga Xove. Antón Couto erixiuse en protagonista do encontro ao conseguir un hat-trick que recompensou o dominio laranxa durante gran parte do choque.

A escuadra de Lucas levou a iniciativa do xogo ante un conxunto local que esperaba a súa oportunidade ao contragolpe. O Burela golpeou nada máis empezar, pero os xovenses lograron aproveitar a súa oportunidade para igualar a contenda e chegar ao descanso co empate a un tanto. Na continuación, ambos equipos mantiveron o mesmo guión aínda que a quinta falta laranxa propiciou que descendese a intensidade da súa presión e os locais amosaronse máis incisivos en ataque. Con igualdade no marcador chegouse ao tramo final do choque no que Antón Couto desnivelou a contenda con dous goles.


 


Ficha técnica
 
Pizzería A Fuga SD Xove FS: Puli, Pipe, Dani, Girón, Víctor, cinco inicial; tamén xogaron Piqueiras, Brais, Fran e Iago
 
Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Keko, Manu, Antón Couto e Alemán, cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Xoel, Antón González e Hélder
 
Goles: 0-1, minuto 2, Antón Couto; 1-1, minuto 8, Girón; 1-2, minuto 35, Antón Couto; 1-3, minuto 38, Antón Couto
 
Amoestacións: Polo Xove FS, expulsado o adestrador, Andrés López, e dobre amarela a Dani e Pipe.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores